Cortan o valo de protección de acceso ao Monte Neme e moitas persoas campan ás súas anchas polo perigo

1 minutes read

Sorprende a irresponsabilidade dalgunha xente adulta, pero tamén a chapuza de obra realizada na contorna do Monte Neme para prohibir o acceso ás ruínas da antiga mina. Fai máis dun mes xa avisabamos nun comunicado do que estaba a pasar, https://nhdiario.esmonte-neme-o-perigo-continua-na-ruina-da-corrupcion/?lang=gl pero mentres non haxa unha desgraza parece que ninguén vai tomar medidas.

Tres persoas merodean e mesmo se fan un selfie dentro do espazo prohibido e ao bordo do precipicio do Monte Neme o pasado mes de febreiro.
Numerosos coches permanecían ás 8 da tarde deste sábado na zona mineira.
A chapuza construtiva fai de trampolín de paso cunhas enormes pedras ao bordo do valado.