32
Vigo completa a recuperación da antiga fachada da estación de tren coa apertura dun miradoiro na “terraza” creada na súa parte superior. Ademais, constitúese como unha pequena plazuela con bancos para o descanso. Acompañado polas concelleiras de Urbanismo e Economía, o alcalde, Abel Caballero, participou na súa apertura na parte superior da fachada da antiga estación, entre a confluencia de Vía Norte con Urzáiz e Baixada á Estación. “Toda a parte da beirarrúa dereita, poderá usarse desde agora”, anunciou o rexedor á cidadanía.