Usuarios da residencia de maiores de Carballo visitaron Santiago de Compostela


Os usuarios da residencia de maiores de Carballo chegaron en primeiro lugar á Praza do Obradoiro para logo visitar o Mosteiro de San Martiño Pinario, onde tivo lugar unha misa cerimonial con motivo da reapertura ao público despois de 16 meses sen actividades culturais. Os usuarios da residencia carballesa remataron a visita cun xantar no coñecido restaurante A Curtidoría emprazado na zona vella de Santiago. Todos coincidiron na gran satisfacción que lles supón aos maiores poder realizar este tipo de actividades que permiten practicar ocio seguro e saudable.