Usuarios de patinetes eléctricos protestan contra a nova normativa da DXT

1 minutes read

As asociacións de usuarios de patinetes eléctricos de Galicia concentráronse en Vigo para protestar contra a nova normativa da DXT que vai regular o uso destes vehículos. Todos os patinetes eléctricos que se vendan a partir de 2024 deberán pasar unha certificación de seguridade. A normativa da DXT establece distintos requisitos sobre o sistema de freado, os puntos reflectores ou os avisadores acústicos que deberán emitir os patíns. A velocidade non poderá pasar de 25 km/hora e a potencia tamén estará limitada. As asociacións de usuarios aseguran que a nova normativa vai supoñer que a maior parte dos patinetes que están agora en circulación deixen de poder transitar, polo que reclaman que se lles aplique a mesma normativa que regula as bicicletas.