25
- Na actualidade 130 persoas son beneficiarias deste servizo
A nova coordinadora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Camariñas, Junquera Vázquez Casal, e a concelleira de Servizos Sociais do Concello, Begoña Tajes, comezaron a semana pasada unha rolda de visitas aos 130 usuarios deste servizo.
O obxectivo desta toma de contacto é presentar a nova coordinadora, facer unha avaliación do funcionamento das actividades e instalacións e consultar posibles demandas ou necesidades.