Usuarios habituais e turistas quéixanse do estado de abandono da praia de Razo


Centenares de persoas déronse cita esta Semana Santa polas praias da Costa da Morte, polo clima destes días e pola multitude de actividades programadas polos diferentes concellos que a compoñen. A nota negativa fixérona chegar a este medio, a modo de foto-denuncia, un grupo de usuarios, que se aventuraron a coñecer a praia carballesa de Razo atraídos polas condicións moi favorables tamén para a práctica do surf durante estes días festivos. O esplendor das ondas, o sol, as vistas e a beleza do Atlántico contrastan con varias deficiencias na contorna terrestre. “Herba sen cortar, papeleiras e arredores cheos de lixo e numerosos danos -perigosos para os máis pequenos- nas pasarelas de madeira, deixan moito que desexar dun mantemento óptimo para a ocasión dun dos lugares máis bonitos da comarca”, conclúen.