Vacinados 1.656 profesionais do Servizo de Axuda no Fogar

Imagen de archivo de una vacuna_PIXABAY

Continúa avanzando o desenvolvemento do Plan galego de vacinación fronte ao coronavirus, aliñado coas directrices marcadas pola Comisión Nacional de Saúde Pública na Estratexia nacional de vacinación covid-19. Deste xeito, Galicia está xa a vacinar ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar, explicitamente incluído no grupo 3B da devandita Estratexia. A este respecto, Sanidade solicitou á Federación Galega de Municipios e Provincias que trasladase aos concellos a necesidade de remitir a información do persoal dos seus SAF, convenientemente acreditada por unha persoa responsable do Concello, fose o secretario ou secretaria municipal ou o propio alcalde ou alcaldesa. A medida que foi contando con esa información, a Xunta de Galicia procedeu á administración da vacina a un total de 1.656 persoas traballadoras do SAF e avanzou no proceso de citación para proceder a vacinar a 6.184 máis, que foron identificados nas últimas listaxes recibidas e aos que se sumarán os das listaxes recibidas este xoves.