Vacío na Escola Basket Xiria tras o anuncio de dimisión do seu presidente

1 minutes read

Marcos Díaz Molk (Carballo, 1979), actual presidente da Escola Basket Xiria, cesará no seu cargo ó final desta tempada.
O motivo principal desta decisión, que xa estaba comunicada ó resto da directiva a finais de 2019, é a falta de tempo para adicarlle ó clube, que este ano militou na esixente liga EBA.

Marcos “Molk” declarou que leva xa moito tempo meditando esta decisión, xa que acaba de ser pai dun cuarto fillo, e a familia necesita máis que nunca do seu tempo na casa. Por outra banda, dirixe xunto cos seus irmáns Camilo e Manuel o Grupo de Automoción DIMOLK – con 4 Concesionarios das marcas Peugeot, Nissan e Isuzu – , e a actual crise sanitaria do Coronavirus, provoca que teña que adicarlle moito máis tempo tamén ás empresas.