Val do Dubra e Ames aúnan esforzos para consensuar temas de interese veciñal mutuo

1 minutes read

Representantes de ambos concellos celebraron unha xuntanza en Val do Dubra coa finalidade de consensuar conxuntamente proxectos de interese compartido. Entre eles, destacan o acordo á hora de abordar o parque de bombeiros comarcal, a seguridade na AC-543, a explotación do Tambre como recurso económico e turístico ou o transporte metropolitano.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “veciños de Santiago fan a súa vida nos distintos municipios dá área metropolitana e veciños de Ames e Val do Dubra fan vida en Santiago. Polo que é necesario ofertar un servizo de calidade para que a xente opte por usar o transporte público”. Pola súa banda o alcalde de Val do Dubra, Diego Díaz, destacou a necesidade de aumentar a frecuencias do bus metropolitano, “un servizo non ten que ser rendible, ten que facerlle máis fácil a vida dá xente”, afirmou. Outra proposta foi a de compartir saneamentos e un plan de turismo sostible ao redor do río Tambre que beneficie ao comercio local.