Valentín González Formoso gaña as primarias do PSdeG co 58,7 % dos votos

1 minutes read

Máis de 10.000 militantes do Partido Socialista de Galicia votaron durante a xornada deste sábado para elixir o seu líder para o próximos catro anos. Neste proceso interno enfrontáronse o ata hoxe secretario xeral, Gonzalo Caballero, e o presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, quen se impuxo en cinco das sete cidades galegas — A Coruña, Santiago, Ferrol, Ourense e Lugo–; mentres que Gonzalo Caballero gañou en Vigo e Pontevedra. Formoso, logo de varios meses de rumores, anunciou o pasado 30 de setembro que competiría nas primarias dos socialistas galegos, unha vez que se convocou polo Comité Nacional o XVI Congreso do PSdeG-PSOE para decembro. Ábrese agora un prazo de 24 horas para presentar alegacións.