viernes, 29 mayo , 2026

Valentín González Formoso insta a “recuperar o orgullo de ser socialistas en Galicia”

1 minutes read

Nun acto cos militantes das Pontes, onde é alcalde desde hai 14 anos, Valentín González Formoso formalizou a súa candidatura nas primarias para liderar o PSdeG. Asegura que representa un proxecto que pretenden abrir fiestras e non resignarse a ser a terceira forza política de Galicia.  «Un proxecto que quere fuxir do cesarismo e do sectarismo, da exclusión de quen non pensa como el. Ese é o proxecto que lle ofrecemos ao PSdeG nos próximos meses», aseguraba ante veciños e alcaldes da comarca.

“Sabemos facelo e podemos facelo. Fíxose con Pedro Sánchez e hoxe está á fronte do goberno do Estado. Tamén cando gañamos as eleccións en 111 localidades galegas. Cando conseguimos, por primeira vez na historia, superar ao PP en alcaldías na provincia da Coruña. Por que temos que renunciar a facelo en Galicia? ese debe ser o noso obxectivo e para iso debemos recuperar o protagonismo, que o PSdeG sexa unha forza central en Galicia”, incidiu.