Valentín González Formoso, reelixido presidente da Deputación da Coruña

1 minutes read

Valentín González Formoso (PSdeG-PSOE) foi reelixido este martes presidente da Deputación da Coruña cos votos favorables de 17 dos 31 deputados da corporación fronte aos catorce obtidos polo candidato do Partido Popular, Evaristo Ben, no pleno extraordinario de constitución da nova corporación provincial.

É a primeira vez na historia da institución que un presidente encara un terceiro mandato consecutivo, un feito que Formoso asumiu “cun inmenso sentimento de gratitude e, sobre todo de responsabilidade: a de seguir construíndo xuntos unha provincia da que nos sintamos orgullosos”.

No seu discurso de investidura, Formoso lembrou que “promover a prosperidade na provincia era o mandato que a Constitución de 1812 atribuía ás deputacións e sinalou que “esta idea foi a que vertebrou a nosa acción de goberno nos últimos oito anos”. “Un deber e un compromiso que mateño e renovo hoxe aquí, ante a nova corporación que acabamos de constituír, con responsabilidade, gratitude e ilusión”, afirmou.

O presidente reivindicou “a mellor política”, baseada no respecto e o diálogo, “fronte á confrontación permanente, os vetos e as posicións dogmáticas” e anunciou que “traballaremos pola Coruña do futuro, unha Coruña industrial e rural, cohesionada social e territorialmente, unha Coruña dixital e innovadora. Unha Coruña para vivir e para vivila”, afirmou.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?