Valentín González Formoso sinala que “toca preparar Galicia para o AVE”


O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, sinala que “toca preparar Galicia para o AVE”. Logo da chegada dos trens rápidos á Comunidade Autónoma, o líder dos socialistas galegos sinala que “toca a súa extensión por Galicia directamente e a través de lanzadeiras”. Apunta que o próximo paso é “conectar as cidades galegas e modernizar de verdade a liña a Ferrol”. Engade que “iso sen esquecer as conexións de mercadorías coa Meseta e Norte de Portugal” co obxectivo de que “o noso tecido produtivo gañe competitividade”.