- Trátase dun filme cuxa protagonista ten Síndrome de Down e afronta certos obstáculos para cumprir o seu soño
Este pasado luns, 21 de marzo, foi o Día Mundial do Síndrome de Down e desde as concellerías de Educación e Servizos Sociais de Malpica organizaron para este venres a proxección do filme de animación Valentina no centro cívico da vila.
O alumnado o CEIP Milladoiro poderá desfrutar da película a partir das 10:00 horas, mentres que ás 12:00 horas será o turno dos estudantes do Joaquín Rodríguez Otero, as escolas de Mens e Barizo e tamén do CRA A Nosa Señora do Faro.
Valentina, dirixida pola galega Chelo Loureiro e gañadora dun Goya á mellor película de animación este 2022, é unha aposta por achegar os valores da integración, inclusión e igualdade. Conta a historia dunha nena con Síndrome de Down que quere ser trapecista e cre que non pode conseguilo, pero os consellos da súa avoa axudarán a loite polo seu soño.