Valga decreta tres días de loito en repulsa pola violencia machista

Centos de persoas acudiron a praza do concello para amosar o seu apoio á familia das vítimas e tamén para condenar non só estes asasinatos, senón toda a violencia machista. Durante a concentración leuse un manifesto, xusto antes o concello de Valga convocou un pleno extraordinario, nel decretáronse tres días de loito oficial.

José Luis Abet, autor confeso do triplo crime machista pasará a disposición xudicial este martes pola mañá. Está citado ás dez para comparecer diante da titular do Xulgado de Instrución número dous de Caldas de Reis que é o que estaba de garda no momento do triplo crime e ademais é o competente en casos de violencia machista.
Ata que declare diante da xuíza, o detido permanecerá nos calaborzos da comandancia da Garda Civil de Pontevedra. Ahí chegou procedente do cuartel do Milladoiro, en Ames. Foron os axentes do Milladoiro os que detiveron a José Luis Abet despois que chamara confesando o triplo crime. Os axentes prendérono na casa dos seus pais, que é onde vivía, no concello de Ames.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha