A concurrida cita organizada polo Centro Comercial Aberto de Carballo tivo lugar dende o primeira hora da tarde do venres e pechaba esta segunda edición este domingo ás 3 da tarde. Nesta ocasión participaron un total de 22 establecementos de diferentes actividades comerciais, maioritariamente relacionados co mundo da moda, que ofreceron produtos e servizos a prezos de ganga no segundo andar do mercado municipal. A xerente do CCA Carballo Mª Carmen Freire, facía este domingo unha valoración moi positiva do evento ao peche desta segunda edición.