Valórase o «risco de fuga» de Santi Mina e piden a súa entrada en prisión

A acusación particular solicitou ao Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSJA) a «inmediata» entrada en prisión ou, de forma subsidiaria, a retirada cautelar do pasaporte para o futbolista Santi Mina. Considera que a súa «procura activa de traballo fóra do país» aumenta «de maneira exponencial o risco de fuga» de cara ao cumprimento da pena de catro anos de prisión á que está condenado por abuso sexual.

O escrito, elevado ao TSJA polo avogado da vítima o pasado día 7, traslada que existe constancia de que «o condenado pretendeu novamente marchar do país con aparentes motivos laborais», pero «sen informar o tribunal en ningún momento» e «tendo noticias deles única e exclusivamente polos medios de prensa». Engade que, a pesar de «reiterar a defensa a suposta plena disposición á xustiza» por parte do futbolista, tentou, «como xa fixo o ano pasado co seu desprazamento ata Arabia Saudita» para xogar cedido no equipo Al Shabab, «formalizar contrato de traballo no estranxeiro» e afea que, «coma sempre», omitise calquera información respecto diso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha