Vandalizan con motocicletas e ‘quads’ o novo paseo da zona da praia do Curro, en Cabana

O Concello de Cabana de Bergantiños solicita a colaboración da veciñanza para identificar ás persoas que vandalizaron con motocicletas e ‘quads’ o novo paseo do municipio. Os actos tiveron lugar durante esta pasada fin de semana e afectaron ao itinerario á altura da praia do Curro. Desde o goberno local condenan este tipo de actos «que prexudican gravemente ao patrimonio do municipio».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha