Varias agrupacións de Protección Civil reciben novo material de mobilidade

0 minutes read

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Promoción Económica, Blas García, entregaron novo material a varias agrupacións de Protección Civil da Costa da Morte, entre outras.

En concreto, entregáronse bicicletas á agrupación de Dumbría e equipos de comunicación ás bases de Carballo e Mazaricos. Este material forma parte dun paquete que chegará a 20 agrupacións de Protección Civil da provincia da Coruña e que inclúe tamén a compra de scooters, que serán entregados próximamente ás bases Vimianzo, Val do Dubra, A Laracha e Muxía.