Salvamento Marítimo pide precaución ante o avistamento de varias candorcas no mar.
Os cetáceos foron divisados na costa de Fisterra cando se achegaban «perigosamente» ás embarcacións que se atopan pola zona da enseada.
O achegamento das candorcas á costa galega foi en aumento nos últimos tempos. Este incremento pode deberse, segundo os expertos, á abundancia de atún no corredor atlántico galego. Estes cetáceos poden chegar a pesar cinco toneladas e medir dez metros. Nalgunha ocasión, o pasado verán, os animais golpearon as embarcacións e provocáronlles danos cuantiosos.
Por iso, Salvamento Marítimo volveu pedir que se extremen as precaucións.