Varias comunidades piden un financiamento con criterio demográfico

1 minutes read

Os presidentes de Galicia, Castela e León, Castela-A Mancha, Aragón, Estremadura, Asturias, A Rioxa e Cantabria asinaron, no chamado foro Santiago, unha declaración conxunta na que trasladan a necesidade de que España conte cun novo sistema de financiamento autonómico que teña en conta, en maior medida, criterios demográficos para responder con eficacia e equidade as necesidades do conxunto dos cidadáns, vivan onde vivan. No texto faise alusión á «emerxencia demográfica» e exemplifícase con que estas oito comunidades supoñen un 61,97 % da superficie española e un 24,13 % da súa poboación.

Pola súa banda, o Goberno español replica ao foro de Santiago que o financiamento debe acordarse «con territorios que teñen outras circunstancias». Desde A Moncloa evitouse polemizar pola convocatoria deste foro en Santiago de Compostela das oito rexións máis afectadas polos efectos e as causas do despoboamento.