Varias comunidades pídenlle ao Goberno que autorice o confinamento domiciliario

Cedida.

As Comunidades Autónomas de Murcia, Castela e León, Asturias e Andalucía, reclámanlle ao Goberno central as ferramentas necesarias para decretar un confinamento domiciliario, se continúan incrementándose os contaxios. O vixente estado de alarma non permite que as comunidades poidan aplicar un confinamento total polo que estas catro autonomías lle piden ao Goberno que estude a posibilidade de confinar a poboación ou que modifique o decreto para que, chegado o caso, o poidan facer as administracións autonómicas.