Varias concentracións en memoria de Teresa, a traballadora do SAF do Porriño presuntamente asasinada

O Concello de Malpica foi un dos moitos que celebrou este venres unha concentración silenciosa en solidariedade con Teresa, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello do Porriño, falecida en tráxicas circunstancias, presuntamente asasinada polo marido dunha usuaria á que atendía con dedicación e profesionalidade.

O acto, convocado polo Concello, deu comezo ás 12:00 horas cun emotivo minuto de silencio e coa lectura do manifesto institucional por parte da concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín. 

MANIFESTO DO CONCELLO DE MALPICA 

Hoxe reunímonos aquí para expresar a nosa máis fonda solidariedade con Teresa, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar do Concello do Porriño, quen faleceu en tráxicas circunstancias, presuntamente assinada polo marido dunha usuaria á que atendía con dedicación e profesionalidade. Desde o Concello de Malpica queremos condenar, con firmeza e sen matices, calquera forma de violencia, e especialmente aquela que afecta a quen, como Teresa, dedica a súa vida ao coidado e benestar dos demais. Esta traxedia recórdanos a vulnerabilidade á que están expostas moitas traballadoras do ámbito sociosanitario, así como a necesidade urxente de reforzar os mecanismos de protección e prevención en todos os niveis. Non podemos nin debemos permanecer indiferentes. Unímonos á dor da súa familia, amizades, compañeiras e ao conxunto do pobo do Porriño. Hoxe, Malpica vistese de loito, pero tamén de compromiso. Un compromiso firme por unha sociedade máis xusta, máis segura e libre de violencia. Descanse en paz, Teresa.

Related posts

O PSOE de Malpica denuncia que o Centro de Día de Buño continúa pechado tras tres anos cas obras rematadas

Novo mural de Joseba Muruzábal, coñecido artisticamente como Yoseba MP, na fachada dun edificio da Laracha

Malpica, concello pioneiro na implantación do sistema ‘Praia Pallet’ para a recollida de lixo mariño