Varias entidades sociais da comarca reciben a visita de Xuntos Carballo M+J

Xuntos Carballo

  • A agrupación recolle as demandas dos usuarios e profesionais para incluír no seu programa electoral

A formación municipalista Xuntos Carballo M+J continúa coa rolda de contactos entre as entidades e asociacións sen ánimo de lucro do concello carballés. Se a semana pasada foi o turno de APEM, centrada na saúde mental, desta volta representantes da agrupación visitaron os centros de Cruz Vermella, Vieiro (enfocada en problemas de adiccións relacionados coas drogas e os xogos virtuais) e Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (AFABER).

A través destas xuntanzas Xuntos Carballo busca coñecer de primeira man o funcionamento das entidades así como as súas necesidades para incluílas no seu programa electoral.