Cabe extremar as precaucións co mal tempo que estamos a ter estos días, varias incidencias leves tiveron lugar na madrugada e na mañá deste domingo.
En Santa Comba, tivo lugar unha aparatosa saída de vía sen feridos en Abuín (na imaxe), alí acudiron en auxilio os Bombeiros do Xallas e Protección Civil de Santa Comba.
Excarcerada na Coruña:Unha saída de vía na Avenida de Enrique Salgado Torres, na Coruña, saldouse con dúas persoas feridas, unha delas atrapada no interior do coche.
Axiña, o persoal do 112 Galicia poñía o suceso en coñecemento dos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local e Protección Civil da localidade. Ademais, solicitaron a intervención dos Bombeiros da Coruña que, rematada a súa intervención, confirmaron o uso do material de excarceración para liberar a unha persoa atrapada.
Saída de vía en Ferrol: Os Bombeiros de Ferrol excarceraron esta madrugada a unha persoa que quedou atrapada no interior dun turismo tras saírse da vía cando circulaba pola estrada FE-14, no punto quilométrico 1, en Ferrol. No momento de producirse o accidente, o vehículo circulaba pola incorporación a estrada que discorre desde o Polígono da Gándara ata a Avenida das Pías, preto do Barrio de Caranza.