Varias incidencias polo temporal de choiva na Costa da Morte

1 minutes read
  • En Carballo, o río Anllóns sufriu unha considerable subida no seu caudal tras rexistrarse na estación meteorolóxica de Rus preto de 60 litros/m2.

O outono entrou con forza, na zona oeste da comunidade galega refachos fortes de vento e choiva abundante formaron parte dunha alerta amarela activada en parte do litoral da provincia da Coruña. Na Costa da Morte a Axencia Galega de Emerxencias salientaba este mércores 6 incidencias en Cee, e 5 en Dumbría. Ademáis de varios asolagamentos en Vimianzo onde chegaron a acumular 180 litros por metro cadrado, en Mazaricos superaron os 150. Muxía foi tamén un dos concellos máis afectados, segundo informou a Policia Local da localidade varias estradas da rede viária municipal tiveron que ser pechadas ao trafico, a DP3402 en Caberta (que une os concellos de Muxia e Dumbria), a estrada DP2303 Muxia – Cee, con moita cantidade de auga no kilometro 2 (zona cruce Cartel) e un acceso ao lugar de Riotorto dada a auga que cruzaba a estrada local. 

Estradas cortadas en Muxía
Foto.- CEDIDA
En contraste, bonita estampa a que nos deixaba este mércores a crecida do río Anllóns ao seu paso polo bosque do Añón en Bértoa – Carballo.