Varias localidades de Ourense acadaron os 28 graos

0 minutes read

Varios lugares da provincia de Ourense acadaron este Venres Santo os 28 graos de temperatura. A máxima de Galicia acadouse en Leiro con 28,5  graos e en Ourense 28. En todo caso, estas altas temperaturas contrastan coas mínimas, cunha oscilación térmica na cidade de Ourense que superou os 20 graos, en Calvos de Randín mesmo estiveron en valores negativos pola mañá, menos un grao e medio. Este sábado está previsto que as temperaturas sigan subindo, cando menos, ata os 30 graos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?