Varias mobilizacións reclaman este 17 de maio “liberdade, igualdade e xustiza” para a lingua galega

Baixo o lema “Máis que nunca, Queremos Galego”, o colectivo quere facer fincapé “na importancia que os servizos municipais de normalización lingüística, as empresas concesionarias ou a formación do funcionariado seguen a ter para a defensa da lingua en todas as comarcas, en todos os concellos”. O manifesto que se lerá ao remate das 14 convocatorias alerta da difícil situación da lingua na infancia e na mocidade ou en ámbitos coma o da xustiza, pero conclúe que “a situación do galego non é irreversíbel, porque se pode modificar garantindo os tres principios: liberdade, igualdade e xustiza”.

Todas as convocatorias terán lugar ás 12 horas, agás a concentración prevista en Barcelona, que comezará ás oito da tarde. Prevese que a mobilización de Vigo sexa, xunto coa de Compostela, a máis numerosa, en forma de manifestación.

Convocatorias

  • A Coruña. Praza de Galicia
  • Santiago de Compostela. Alameda 
  • Ferrol. Praza Vella 
  • Carballo. Praza do Concello
  • Lugo. Praza Maior
  • Burela. Praza da Mariña
  • Monforte. Praza de España
  • Ourense. Praza do Ferro
  • Pontevedra. Praza da Peregrina 
  • Vigo. Cruzamento da Vía Norte coa Rúa Urzáiz.
  • A Estrada. Praza do Mercado
  • Cangas. Praza do Concello 
  • Lalín. Praza da Igrexa
  • Barcelona. Ateneu Roig (carrer del Torrent d’En Vidalet) ás 20 horas