Baixo o lema “Máis que nunca, Queremos Galego”, o colectivo quere facer fincapé “na importancia que os servizos municipais de normalización lingüística, as empresas concesionarias ou a formación do funcionariado seguen a ter para a defensa da lingua en todas as comarcas, en todos os concellos”. O manifesto que se lerá ao remate das 14 convocatorias alerta da difícil situación da lingua na infancia e na mocidade ou en ámbitos coma o da xustiza, pero conclúe que “a situación do galego non é irreversíbel, porque se pode modificar garantindo os tres principios: liberdade, igualdade e xustiza”.
Todas as convocatorias terán lugar ás 12 horas, agás a concentración prevista en Barcelona, que comezará ás oito da tarde. Prevese que a mobilización de Vigo sexa, xunto coa de Compostela, a máis numerosa, en forma de manifestación.
Convocatorias
- A Coruña. Praza de Galicia
- Santiago de Compostela. Alameda
- Ferrol. Praza Vella
- Carballo. Praza do Concello
- Lugo. Praza Maior
- Burela. Praza da Mariña
- Monforte. Praza de España
- Ourense. Praza do Ferro
- Pontevedra. Praza da Peregrina
- Vigo. Cruzamento da Vía Norte coa Rúa Urzáiz.
- A Estrada. Praza do Mercado
- Cangas. Praza do Concello
- Lalín. Praza da Igrexa
- Barcelona. Ateneu Roig (carrer del Torrent d’En Vidalet) ás 20 horas