Varias mobilizacións reclaman unha investigación sobre as mortes nas residencias galegas

1 minutes read

Sete manifestacións percorreron as rúas das cidades galegas, en homenaxe as vítimas do coronavirus e para reivindicar «uns servizos sociais plenamente públicos, asequibles, de calidade e de proximidade», denunciando o modelo actual, «ferozmente privatizado». As ‘marchas cívicas’, apoiadas por Traballadoras de Residencias de Galicia (Trega) e o Movimento en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN), puxeron o foco na realidade das residencias de maiores en Galicia, sobre todo na situación vivida durante a pandemia.

Nas marchas víronse carteis con mensaxes como «o privado mata», «servizos sociais 100% público», «os anciáns non son mercadoría», «vaise acabar o roubo e privatizar» ou «residencias de maiores, non almacéns»