Varias zonas anegadas polo Ebro serán declaradas zona catastrófica


O Goberno español declarará zona catastrófica os territorios anegados nos últimos días pola enchente do Ebro. Así o anunciou o presidente, Pedro Sánchez, despois de que as aguas asolagaran milleiros de hectáreas en Navarra, A Rioxa e Aragón, e que deixaron de momento dous mortos. En Zaragoza o Ebro chegou a levar unha altura de case 5 metros e temen que acade un nivel semellante ás inundacións de 2015. A boa nova é que as previsións meteorolóxicas non dan máis chuvia. Os equipos da UME seguen levantando diques e instalando bombas de achique. Calculan que só en Aragon, a enchente deixa 12.000 hectáreas de cultivo anegadas.