O Concello de Cee ofrece un amplo cartel cheo de actividades de cara a este verán 2020, cos obxectivos de coñecer e descubrir as posibilidades que para a práctica da actividade físico deportiva ofrece o medio natural, utilizar o medio ambiente como elemento lúdico, comprendido como lugar e obxecto de disfrute individual e social e favorecer a participación e compromiso activo dos participantes na defensa, protección, conservación e mellora do medio ambiente.
Actividades
CIRCUÍTO DE “QUADS INFANTÍS
Desenvolverase no paseo marítimo de Cee (paseo do Alcalde Pepe Sánchez). A adquisición de diferentes destrezas da pilotaxe, así como desenvolvemento de contidos en relación á seguridade viaria, serán parte desta actividade concreta.
RUTA DE SENDERISMO «EXPLORA A VILA DE CEE»
Nestas andainas descubriranse espazos naturais, flora, fauna e praias cas existentes no concello. Tanto itinerarios, distancias e dificultade, adaptaranse ao nivel dos grupos.
MAÑÁS DE KAYAKS NA PRAIA DA CONCHA
Esta actividade desenvolverase mediante o xogo. Traballaranse as técnicas e o manexo do kayak, dun xeito divertido e seguro, organizaranse xogos no areal da praia.
Destinatarios
Este programa está dirixido a 60 rapaces /zas de idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos (nados no 2013, 2012, 2011, 2010, 2009, 2008, 2007 e 2006) e preferentemente empadroados no Concello de Cee.
Grupos, quendas, días e horario:
Grupos: configuraranse 4 grupos de 15 rapaces/zas.
Nº de quendas: 4
• 1ª quenda: luns 6, mércores 8 e xoves 9 de xullo.
• 2ª quenda: luns 13, mércores 15 e xoves 16 de xullo
• 3ª quenda: luns 20, mércores 22 e xoves 23 de xullo
• 4ª quenda: luns 27, mércores 29 e xoves 30 de xullo
Horario: Horario: das 10:00 ás 13:30 horas.
Inscrición
O prazo de inscrición comezará o luns 22 e rematará o martes 30 de xuño ás 13:30 horas, e é gratuíta.
Poderase facer na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar) ou ben presentando a ficha de inscrición, debidamente cuberta e asinada, no rexistro municipal.
Se houbese máis inscritos/as que prazas, realizarase un sorteo público o xoves 2 de xullo ás 12 :00 horas no Salón de Plenos do Concello de Cee.
No caso de prazas vacantes, serán cubertas por rapaces/as doutros concellos de procedencia.