As actividades programadas polo Concello de Laxe dentro do verán cultural estarán, como case todo, marcadas pola pandemia do coronavirus. De todos os xeitos espéranos un programa cheo de actividades, e para todos os gustos. Ata o 29 de agosto a Praza do Concello e a Praza dos Voluntarios de Laxe acollen a maioría das actividades programadas pola concellaría de Cultura, cumprindo todas as medidas de seguridade.