Variedade de actividades polo 8M no IES de Baio


Con motivo da conmemoracion do 8M son moitas as actividades que se están a levar a cabo no IES Maximino Romero de Lema de Baio: Charla sobre o rol da muller nos videoxogos, encontro con mulleres relevantes da Costa da Morte, realización de podcasts pola igualdade de xénero, remate da mostra iniciada o curso pasado de mulleres galegas relevantes, reparto a toda a Comunidade Educativa de chapas con imaxes de mulleres galega relevantes e unha exposición na que 23 mulleres do Centro emulan a mulleres relevantes historicamente. Todas elas, agás esta última, divulgadas no facebook e na páxina web do Centro.