Variedade de actividades programadas en Coristanco para conmemorar o 25N

O Concello de Coristanco prepara distintas actividades en relación á conmemoración do 25N, Día Internacional para a erradicación da violencia contra a muller. Nin unha cadeira máis baleira, este é o lema da campaña coa que o Concello de Coristanco pretende sensibilizar e concienciar a poboación sobre a necesidade de unirse contra a violencia de xénero. Faino cunha premisa que pretende dar visibilidade en toda a súa crueza as terribles consecuencias que pode ter mirar para outro lado: unha cadeira baleira.

Este domingo 20 de novembro, comezarán cunha andaina inscrita en «Camiño ao Respecto» da Xunta de Galicia na que convidan a camiñar co gaio de promover a participación cidadá a favor do rexeitamento público e formal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre homes e mulleres.

Programa:

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha