Varios comercios carballeses súmanse á apertura dos sábados pola tarde

Cenor Carballo.

Preto de medio cento de comercios carballeses uníronse á iniciativa de ampliación horaria de atención ao público co obxectivo de facilitar as compras da veciñanza durante a crise sanitaria provocada polo coronavirus. Moitos deles asociados ao Centro Comercial Aberto, e baixo o lema “o comercio de Carballo está de volta”, e outros por libre, atenderán a súa clientela de luns a sábado de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Promo do CCA Carballo.

As tendas que participan nesta iniciativa son as seguintes:

Sastrería Miguel, Cristina Morgade, Zocas, Atmósfera Sport, O barco dos soños, Cenor Carballo, Moda Suárez, Menta, Akira, D&A Complementos, Mímate, Zapatería Esther, A fragua de Mo, Alonso moda, Akris, Calzados Susa, Style, Retoños, Deportes San Remo, Benetton, Necos, Ekate, Miriñaque, Bambalina, Atelier, Poppy, Muebles Luís, Amai store, Adamela, Mmmm! Xeados, Emiliano, Charlotte, Chiquikid`s, Plateria Lujos, Manualidades Chelo, Lencería mercería Mª José, Cris zapatería infantil, Tien 21 Carballo, Alemca, Alaia, Gumi, Interfilm Carballo.

Desde o propio comercio local fan unha chamada á responsabilidade para que se cumplan en todo momento as medidas de seguridade postas en marcha na Fase da desescalada, para evitar posibles riscos de contaxio por Covid-19.