Varios concellos anuncian labores de limpeza de pellets de plástico nas súas praias

1 minutes read

A chegada masiva de pellets de plástico ás praias da Costa da Morte puxo en alerta ás autoridades locais, Malpica e Camariñas anunciaron este sábado labores de limpeza nas súas praias. En Malpica, a retirada levarase a cabo nos próximos días. O concelleiro de Medio Ambiente, Rodrigo Mato, e os membros de Protección Civil, percorreron os areais para comprobar o seu estado, constatando que están afectadas as praias de Barizo, Beo e As Torradas. Camariñas tamén poñerá en marcha este luns un dispositivo de limpeza, tras confirmar a presenza de pellets nas praias locais de Arou e Reira. Varias son as asociacións ecoloxistas as que fan un chamamento ás administracións competentes para que se recolla urxentemente a vertedura de pellets que está a contaminar a costas galegas e piden que haxa información veraz, pormenorizada e a tempo real.