Varios concellos gobernados por PP e Vox eliminan a concellería de Igualdade

As concellerías de Igualdade desaparecen nos principais concellos nos que PP e Vox pactaron gobernar tras o 28M. En capitais de provincia como Burgos ou Toledo, ou en cidades como Orihuela ou Talavera de la Reina, este departamento elimínase, intégrase noutros ou ben cambia de nome, unha das esixencias dos de Santiago Abascal para entrar en varios destes gobernos municipais. Noutras urbes tamén se eliminan as concellerías de Sustentabilidade ou Medio Ambiente, e propóñense como primeiras medidas derogar plans de mobilidade sostible e carrís bici, como ocorre en Valladolid ou Elx. Estes cambios, que empezan a coñecerse a partir da constitución dos concellos e as primeiras reunións dos equipos municipais, chegan en plena polémica pola visión de Vox respecto á violencia de xénero.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha