Varios concellos instalarán pantallas xigantes para ver a final do Mundial deste domingo

1 minutes read

O Concello de Mazaricos emitía un comunicado informando que coincidindo coa festa do carme instalarán unha gran pantalla no campo da festa da Picota para retransmitir a final do Mundial de fútbol ás 21:00 horas entre a selección española e a arxentina.

desde o Concello de Carballo afirmaban ter recibido unha auténtica avalancha de peticións e non podían deixar pasar a oportunidade de vivir este momento xuntos, desfrutando ao máximo do fútbol e dando o mellor exemplo de respecto, deportividade e civismo. Coidemos o noso espazo e a nosa xente para que sexa unha festa inesquecible para todos e todas, comunicaban. Por elo neste caso a gran pantalla estará ubicada no aparcadoiro do Rego da Balsa (xunto á Biblioteca).

Laxe, ou Dumbría farán o mesmo, neste último nunha pantalla de 6×3 metros e coincidindo coa Festa da Familia.