A Garda Civil abriu durante o confinamento varias operacións contra a explotación sexual de menores para a produción de material pedófilo que deron o seu froito con varios detidos.
Nunha delas arrestaron un home en Bilbao pola compra de emisións en tempo real e á carta de abusos sexuais a menores. Noutra das operacións, detiveron un veciño de Madrid acusado de abusar da súa fillastra e utilizala para producir pornografía infantil durante 7 anos. Nos próximos días agardan realizar novos arrestos.