Varios detidos nunha operación antidroga en Carballo

0 minutes read

Unha operación da Policía Nacional en colaboración con Vixilancia Aduaneira realizou, cando menos, catro detencións nunha operación antidroga levada a cabo na madrugada deste martes no centro de Carballo. O caso está baixo segredo de actuacións, pero segundo fontes consultadas no operativo incautaríanse diferentes cantidades de droga. O operativo levouse a cabo en pisos ubicados nas rúas Río Eume e Río Anllóns, onde frecuentaban cidadáns de nacionalidade colombiana. A causa está dirixida polo Tribunal de Instancia número 2 de Carballo, esta segue aberta e non se descartan novas detencións.