Varios detidos nunha operación contra a estafa na venda de autocaravanas

Axentes da Garda Civil de Lugo detiveron 10 persoas dunha organización delituosa asentada en Galicia e Castela-A Mancha. A organización dedicábase a estafar mediante a venda de autocaravanas que en principio non posuían.

Solicitábanlles ás vítimas un adianto económico para a reserva e unha vez cobrado rompían o contacto con elas. No marco da denominada operación Benimary bloqueáronse 22 contas bancarias creadas para cobrar os cartos das estafas e recuperáronse 5 vehículos valorados en 160.000 euros cos que a organización se fixera, previo alugueiro en empresas do sector, para proceder logo á súa venda fraudulenta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha