A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil rexistrou a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) e o domicilio do que foi o seu anterior presidente, Luís Rubiales, nunha investigación relacionada con supostos contratos irregulares nos últimos cinco anos. Segundo se púido saber, houbo polo menos sete detidos (cinco en Madrid e 2 en Granada) e cinco persoas están a ser investigadas. Tres dos detidos, segundo transcendeu, son Tomás González Cueto, asesor xurídico do que foi presidente da RFEF Luís Rubiales e considerado un dos seus homes de confianza. E os directores dos seus Servizos Xurídicos e de Recursos Humanos, Pedro González Segura e José Javier Giménez. A operación está a levala a cabo a UCO en coordinación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº4 de Majadahonda, que é o que leva as dilixencias, a Fiscalía Especial contra a Corrupción e a EUROPOL.
30