Accidente laboral en Carballo:
Un operario dunha empresa de servizos que traballaba no polígono de Bértoa (R.D.F.S.) resultou accidentalmente ferido preto das 6 da tarde deste luns ao meter unha perna nunha arqueta de rexistro eléctrico e caer. Tras unha primeira valoración asistencial, todo pareceu indicar que se puido tratar dunha lesión de cadeira, polo que foi trasladado de urxencia o Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.
Accidente en Ribeira:
Unha colisión entre un autobús e un turismo saldouse cunha persoa ferida cando ao fío das 15:00 horas os vehículos circulaban a altura do nº 13 da Rúa da Praia de Ribeira.
Os xestores de emerxencias alertaron aos Bombeiros de Ribeira, aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Do mesmo xeito, solicitaron a colaboración da Policía Local da localidade que, unha vez no lugar, indicaban que a bordo do autobús viaxaban nove mozos que regresaban aos seus domicilios.
Segundo puido saber o 112 Galicia, o único ocupante do turismo si necesitou ser trasladado ao centro hospitalario de referencia.
Dúas persoas feridas en outros dous accidentes
Por outra banda, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia de dous accidentes nas estradas no que resultaron feridas dúas persoas.
O primeiro deles tivo lugar en Cambre
na estrada que une esta localidade coa de Carral, á altura do punto
quilométrico 1,800. Unha persoa persoa particular informaba ao 112
Galicia moi preto das cinco horas desta tarde, dunha saída de vía no que
podería atoparse unha persoa ferida. A partir de aí, os xestores de
emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Arteixo,
dos servizos sanitarios de urxencia e dos axentes da Garda Civil de
Tráfico. Ademais, informouse a Policía Local e Protección Civil da
localidade.
Unha vez no punto, os bombeiros indicaron que, finalmente, non foi
preciso o uso do material de excarceración e foi trasladada un ferido ao
Hospital Modelo da Coruña.
Ademais, pasados uns minutos, outra persoa persoa resultou ferida nun novo accidente en Gondomar, á altura do nº22 da Avenida de Gondomar. Neste caso dous vehículos víronse implicados e unha muller resultaba ferida, así o narraba a persoa que chamaba ao 112 Galicia para informar do accidente. De inmediato, informouse ao 061- Urxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos membros do GES do Val Miñor.
Finalizada a intervención os servizos sanitarios confirmaron o traslado dunha muller ferida de consideración ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.