36
- O incidente tivo lugar no cruzamento de Cambeda pouco despois das tres da tarde deste xoves
Uns minutos despois das tres da tarde deste xoves algunhas persoas deron a voz de alarma ao 061 tras producirse un accidente de tráfico con tres coches implicados á altura do cruzamento a Cambeda, en Vimianzo. Houbo varios feridos que tiveron que ser atendidos polos servizos sanitarios, a máis grave unha muller.
Ata o lugar achegáronse a Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e os Bombeiros de Cee.