Varios fogares afectados pola rotura da rede de agua no lugar da Reja, en Camariñas

Concello

  • O servizo comezou a restablecerse ao mediodía

Na mañá deste luns varias casas do lugar de A Reja, no Concello de Camariñas, víronse afectadas por unha rotura na rede principal de abastecemento de auga municipal. Tras a intervención dos fontaneiros, o servizo comezou a restablecerse durante o mediodía.

Desde o goberno local comunican que «a auga irá chegando a todas as casas» e que se está purgando a mesma en varios puntos altos, podendo saír gran cantidade de auga polas arquetas.