Varios mortos ao caer un avión de pasaxeiros en Karachi

O avión accidentado é un Airbus A-320 que levaba 91 pasaxeiros e oito membros da tripulación a bordo. Varios pasaxeiros rescatados con vida atópanse estables en hospitais da capital económica de Paquistán. Resultaron gravemente feridos varios veciños da zona onde caeu o avión, varios deles con queimaduras no 60 % do seu corpo. O A-320 da compañía estatal Pakistan International Airlines estrelouse este venres á primeira hora da tarde nunha zona residencial da cidade de Karachi, a un minuto do aeroporto de Jinnah. O piloto da aeronave que viaxaba de Lahore a Karachi, avisou de que sufría problemas técnicos cando realizaba a manobra de aproximación á pista de aterraxe.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha