16 mortos e 23 feridos polo descarrilamento do fenicular da Glória en Lisboa

Unha fonte dos bombeiros zapadores da capital portuguesa informaba á última hora da tarde deste mércores que unhas vinte persoas resultaron afectadas polo descarrilamento do Ascensor da Glória, un dos funiculares turísticos máis coñecidos do centro de Lisboa. En principio hebería a lo menos 16 persoas falecidas e 23 feridos, aínda que as autoridades non precisaban se entre as vítimas había falecidos ou feridos. A zona permanecía acordoada pola policía e no lugar traballaban equipos de emerxencia despregados para atender o suceso. O Ascensor da Glória une a praza dos Restauradores co Bairro Alto e co miradoiro de São Pedro de Alcântara, un dos puntos máis visitados polos turistas en Lisboa.

Related posts

Trump anuncia un «marco de acordo» coa OTAN sobre Groenlandia e descarta o uso da forza

O Parlamento Europeo paraliza o acordo UE-Mercosur e envíao á xustiza

Morre Valentino Garavani, o soado deseñador italiano, aos 93 anos