Varios mortos nun accidente de avión en Kazakhstán


Fálase de polo menos 15 persoas mortas e outras 66 feridas ao estrelarse este venres un avión de pasaxeiros tras engalar do aeroporto da cidade kazakha de Almaty, segundo os últimos datos ofrecidos polas autoridades de Kazakhstán.

O avión sinistrado, que segundo as autoridades non se incendiou tras a colisión, realizaba o voo  Z2100 entre Almaty, a maior cidade do país, e Nursultán, a capital kazakha, a vella Astaná.

O Ministerio de Industria e Infraestruturas de Kazakhstán dispuxo a suspensión de todos os voos deste tipo de avións ata que se esclarezan as causas do accidente.