Varios mortos nun tiroteo nun centro comercial de Copenhague

1 minutes read

A policía danesa informou da existencia de «varias vítimas mortais» e a televisión nacional asegura que tres persoas foron trasladadas ao hospital tras un tiroteo nun centro comercial de Copenhague. As autoridades aseguran haber detido a un sospeitoso en relación co ataque en Field’s, unha zona de lecer e compras nun distrito entre o centro da cidade e o aeroporto. Trataríase dun mozo danés de 22 anos. A policía enviou reforzos ao centro comercial, onde tamén se podían ver varios vehículos de bombeiros rodeando o recinto. O lugar do tiroteo está preto dunha importante sala de concertos, o Royal Area, onde estaba previsto que comezase un concerto do cantante británico Harry Styles. Aínda se descoñecen os motivos do ataque, aínda que non se descarta o terrorismo, segundo o xefe da unidade de operacións da policía de Copenhague Soren Thomassen. «Non temos información de que haxa outros implicados. Isto é o que sabemos agora», explicou.